• slider-1.webp
  • slider-2.webp
  • slider-3.webp
  • slider-4.webp

Benvido a Tintanegra

A nosa historia

Nace TINTANEGRA, un 29 de xuño de 2013.

Sendo unha aposta onde pretendemos enlazar a cociña sincera e a paixón polo mundo do viño. Temos os mellores cocktails, copas de xeado e música en directo nun ambiente desenfadado e familiar. Estamos situados na Vila mariñeira de Combarro, no que foi a finais do século XIX, un almacén portuario de redes de pesca.

Temos dúas terrazas exteriores con vistas ao mar, que enmarcan a nosa decoración interior, baseada na cultura mariñeira onde convive o tradicional e a innovación. Todo isto, xunto a un trato próximo, intentando que o seu tempo connosco sexa inmellorable. Desexando que todos os nosos clientes marchen querendo volver axiña.

up-arrow.webp